Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, diversión, cultura e tradición 100% galegas na XVII Noite da Lúa Meiga do Viso

RR_Noticias

A lúa chea iluminará este ano o festival, que se celebra o sábado día 25, a piques de cumprir a súa maioría de idade. A música de Tr3s por Catr4, Paco Nogueiras, Cé Orquestra Pantasma, Radio Cos e Tiruleque animarán unha xornada que contará tamén con xogos populares e gastonomía.

Un ano máis o Colectivo Lúa Meiga, xunto á Sociedade Cultural do Viso, organiza o festival Noite da Lúa Meiga, que celebra o seu 17º aniversario. Este ano a cita terá lugar o sábado 25 de agosto no Miradoiro do Monte Outeiro Grande, enclave único na bisbarra dende onde se divisa toda a Enseada de San Simón e a Ría de Vigo. O festival Noite da Lúa Meiga une así a mellor música tradicional co mellor enclave natural e paisaxístico. O sábado 25 prográmase unha xornada de actividade continuada para todo tipo de públicos e idades. Ás 10:00h da mañá realizarase a concentración de chimpíns decorados no Torreiro da Gándara xunto ao campo de fútbol e así proceder de seguido co Roteiro Musical e de Meighachimpíns ata o Miradoiro do monte Outeiro. Ao chegar, e como novidade este ano, haberá un concerto na “sesión vermú” co grupo Tr3s Por C4tro. A continuación haberá xantar popular con postos de polbeira e churrasco, entre outros. A partir das 17h poderase participar de diversos xogos tradicionais e da programación enfocada aos máis cativos. Empezaránco espectáculo “Bulebule” de Paco Nogueiras, e a continuación o Duende Circo, con humor, malabares e maxia. E de seguido, comezarán os concertos do serán, ás 20.00 horas con Cé Orquestra Pantasma, para dar paso logo aos grupos Radio Cos e Tiruleque. Como é habitual, a organización presenta un programa “100% galego e en galego, reivindicando a cultura, a música e o idioma do país”. Un programa para todos os públicos, e que é posible un ano máis grazas aos negocios da comarca que o patrocinan. O colectivos agradece tamén a colaboración dos veciños que, coas súas achegas, fan posible levar a cabo a Noite da Lúa Meiga, asó como á Comunidade de Montes do Viso, ao Concello de Redondela e á Deputación de Pontevedra.

Vanesa Barreiro do Colectivo Lúa Meiga
A organización explica que se trata dunha festa para poñer e valor a cultura galega coa participación dos veciños de todas as idades.
Actuacións musicais para todas as idades
A programación inclúe un amplo abano de artistas así como xogos e animación para todos os públicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará