O sinistro producíase ao redor das 20:15 horas da noite de onte domingo na estrada que vai de Redondela ao Porriño na altura do tanatorio de Tanamañó, cando o mozo que conducía a motocicleta sufría un accidente saíndose da vía por causas que se descoñecen.
O mozo foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo ferido grave. No sinistro interviñeron membros do Servizo de Emerxencias de Redondela, axentes da Policía Local de Redondela e da Garda Civil de tráfico.