Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trescentos veciños se manifestan en Arcade para esixir máis médicos no Centro de Saúde

RR_Noticias

Veciños de Arcade e Soutomaior apoiaron onte unha concentración na Alameda de Talo Río para demandar ao Sergas que dote ao centro de saúde do persoal médico necesario. Actualmente só hai tres profesionais sanitarios, dos cinco que compoñen o cadro. Demandan tamén un pediatra a tempo completo.

Iago Treus, un dos veciños promotores desta movilización, explica que o problema pola falta de médicos vén desde hai anos. Os usuarios do centro de saúde moito tempo denunciando a falta de médicos, e os problemas que lles ocasiona que desde o Servizo Galego de Saúde non cubran as baixas e vacacións dos facultativos. Actualmente o centro conta cun médico e unha enfermeira, que mesmo deben realizar as tarefas administrativas, “cando por poboación corresponderían dous médicos e dúas enfermeiras”. A falta de profesionais sanitarios provoca en moitas ocasións o colapso da asistencia, obrigando aos pacientes a esperar horas para ser atendidos. No caso de que o médico deba ausentarse do centro de saúde para acudir a unha urxencia ou consulta domiciliaria supón que as instalacións permanecen sen ningún facultativo. É un problema grave, como explica Treus “que pode derivar nunha desgracia como a que aconteceu na Estrada, onde un home faleceu afogado por non haber ningún sanitario no centro”. No caso do servizo de pediatría a situación non é mellor. Polo volume de nenos do municipio deberían ter dous pediatras, pero tan só contan con “medio”, explica Treus, xa que comparten especialista co Centro de Saúde de Vilaboa. A falta de médicos no Centro de Saúde de Arcade xa foi denunciada en numerosas ocasións polo BNG de Soutomaior, que hai un ano convocou unha concentración esixindo solucións. Tamén desde o Concello o alcalde Agustín Reguera enviou varios escrito á Xunta pedindo que se cubran todas as prazas de facultativos. Treus explica que as súas reivindicacións son “de xustiza” e que só están a reclamar “o que lles corresponde por lei”. Na concentración celebrada onte, ademais de centos de veciños, participaron membros da plataforma SOS Sanidade Pública, representantes dos tres partidos políticos da corporación, e as deputadas Carmen Santos de Podemos, Eva Solla de Esquerda Unida, e Patricia Vilán do PSOE, que se comprometeron a levar a demanda dos veciños ao parlamento galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará