Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello insta a Fomento a tomar medidas para evitar os asolagamentos na N-552

RR_Noticias

As choivas torrenciais das últimas horas provocaron balsas de auga e anegamentos na rede viaria do municipio, en especial na parroquia de Chapela, en puntos como a rotonda de Rande e a Avenida de Vigo. O goberno local culpa desta situación ás obras realizadas polo Ministerio na AP-9 e vén de presentar un escrito na Demarcación de Estradas na que solicita que coa “maior urxencia se tomen medidas para a revisión e reparación da estrada e se garanta a seguridade viaria na zona”.

As treboadas deixaron ao seu paso por Redondela precipitacións intensas nun curto período de tempo o que provocou anegamentos en varios puntos do municipio. As máis salientables na parroquia de Chapela onde os membros de Protección Civil tiveron que intervir na rotonda de Rande, na saída da AP-9, pola acumulación de auga. Tamén hai que destacar anegamentos na Avenida de Vigo polo desbordamento dun regato e algúns particulares alertaron ao 112 pola entrada de auga nas súas vivendas.
Efectos das precipitacións das últimas horas que tamén provocaron balsas de auga de gran tamaño na N-552 así como fronte ao pavillón de Chapela. Dende o Concello xa puxeron en coñecemento do Ministerio os problemas xurdidos que achacan ás obras da AP-9, que apuntan “afectaron ao estado de conservación da estrada nacional ao seu paso palas parroquias de Chapela e Cabanas, conlevando que as choivas dos últimos días produciran a inundación da estrada co consecuente perigo de seguridade para viandantes e automobilistas”. No escrito o concello solicita que se adopten as medidas necesarias para a revisión e reparación da estrada nacional aos efectos de garantir a seguridade viaria nesta vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará