Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos sociais reclaman a creación dunha vía verde cunha marcha reivindicativa

RR_Noticias

A Golpe de pedal, Pedaladas e a Asociación Salinas do Ulló están detrás desta convocatoria que demanda a creación dunha vía verde entre Pontevedra e Arcade polas antigas vías de tren en desuso. Por este motivo, co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, organizan este domingo día 16 unha marcha-manifestación a pé ou en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso e a creación dunha vía verde ciclista e peonilentre as dúas localidades.

Lembran que no caso do tramo entre Redondela e Vigo este proxecto estaría xa en marcha logo de que  Fomento cedera a cada un dos concellos o uso das antigas vías pero que ese paso aínda non se logrou no que é o tramo que vai dende Arcade ata a capital da provincia. A protesta terá dúas convocatorias. Por unha banda sairán os ciclista as 10:00 da mañá dende Pontevedra para chegar a Arcade ao redor das 11:30. A esa hora terá lugar unha concentración para seguir a pé polas vías do tren ata Figueirido. No caso de desexar participar no percorrido que sae dende Pontevedra deberá realizarse unha inscrición previa a través do facebook de A Golpe de Pedal ou no enderezo agolpepedal@gmail.com  

Alejandro Costa A golpe de pedal
Unha reinvindicación que beneficiaria a todo o litoral de Pontevedra a Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará