Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Melloras no equipamento do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela

RR_Noticias

A Piscina Municipal de Chapela conta con novas taquillas e tamén un equipo de “TRX”no ximnasio para 20 persoas. Desde o Concello seguen tamén pendentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a reaparación de todos os fallos de construción, unha vez feito o estudo das deficiencias do edicicio por parte dos técnicos.

O Alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela para comprobar a instalación das novas taquillas nos vestiarios e o equipo “TRX” na zona de “fitness”. As novas taquillas substitúen así ás anteriores, moi deterioradas xa que o material co que estaban realizadas non era o axeitado para ambientes húmidos. As novas taquillas son fenólicas e teñen peche para garantir a seguridade dos usuarios. Instaláronse en todos os vestiarios, cun investimento do Concello de 20.800 euros. Por outra banda Aqualia, concesionaria da piscina, instalou un equipo “TRX” para 20 persoas, trátase dunha disciplina deportiva que se basa no propio peso corporal para facer exercicio, “evitando moitas lesións”. Por outra banda desde Alcaldía lembran que están pendentes da Deputación de Pontevedra para reparar as deficiencias do edificio. O Concello remitiu o pasado mes de abril o proxecto de reparación dos problemas da Piscina de Chapela para incluilo dentro das obras que se financian con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación. Polo de agora o Concello está “á espera da resolución para poder licitar e executar as obras”, que xa contan con todos os permisos e o visto bo dos téncicos municipais. Estas obras ascenden a 181.000 euros e inclúen a reparación de todos os fallos de construcción, unha vez feito o estudio das deficiencias que presenta o edicicio por parte dos técnicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará