Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela xa é Cidade Amiga da Infancia

RR_Noticias

O compromiso dos gobernos que ostentan esta distinción é o de contribuír ao cinco obxectivos marco da iniciativa: cada neno e é valorado e respectado dentro da súa comunidade; as necesidades e prioridades de cada neno escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas; todos os nenos teñen acceso a servizos esenciais de calidade e viven en contornas seguras e limpas, e todos teñen a oportunidade de gozar da vida familiar, o xogo e o lecer.

Redondela é un dos oito Concellos galegos que obtiveron o recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia para o período 2018-2020. Son en total 114 Concellos os que se estrean en toda España como Cidades Amigas da Infancia e outros 80 foron renovados. Con estes recoñecementos crece a rede de Cidades Amigas da Infancia de 170 a 274 Gobernos Locais en todo o territorio español, é dicir, que máis dun 41% dos nenos, nenas e adolescentes en España, viven en localidades onde os gobernos locais comprométense dentro da súa xestión “a pór os dereitos a infancia no centro da súa actividade pública”. En Galicia, ademais de Redondela, obtiveron o recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia os municipios de Cabanas, Carnota, Moeche, Ourense, O Porriño, Teo e Tomiño. Estas distincións son outorgadas pola Secretaría Permanente do Programa Cidades Amigas da Infancia, conformada polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e UNICEF.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará