Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas acusa ao alcalde de Redondela de “cercenar os dereitos da comisión da AP-9”

RR_Noticias

A concelleira socialista Digna Rivas criticou onte ao rexedor local, Javier Bas, po r convocar a comisión de seguemento da AP-9 de xeito “unilateral” para o día de hoxe, e de facelo “cunha orde do día carente do máis mínimo sentido”. A candidata á alcaldía polo PSOE advertiu que non acudirían os representantes do seu partido nin os de Fomento e Audasa.

Rivas explicou que ata o de agora convocábanse as xuntanzas da comisión “consensuando tanto a data como a orde do día cos compoñentes da mesma”, e critica que agora se faga “de xeito unilateral polo alcalde” quen ao mesmo tempo decide cales son os puntos que se deben tratar na reunión, “conculcando claramente o espírito da Comisión e vulnerando os dereitos dos seus compoñentes”, segundo a edil socialista. Rivas adiantou que “nin Fomento nin Audasa asistirán a dita Comisión ao non terse consensuado con eles nin a data nin o contido da mesma”. A orde do día remitida polo alcalde sinala como asunto único “Situación-estado das obras de ampliación da AP-9”, algo que para a candidata socialista “non ten sentido dado que as obras están rematadas”. Lamenta que quedan fóra da orde do día “temas de importancia para a veciñanza” como a situación das actuacións incluídas na “adenda”, que corresponde coas melloras comprometidas para as parroquias de Chapela, Trasmañó e Cedeira, así como a situación dos inmobles afectados pola Lei de Estradas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará