O Multiúsos da Xunqueira acolle unha exposición de obras de Docampo Cabaleiro, unha pintora redondelá apaixonada pola acuarela. As paisaxes galegas, tanto rurais como urbanas, centran a colección que pode visitarse ata o venres día 30.
A autora explica que a elección da acuarela como técnica responde á súa versatilidade. Son cadros que “están vivos”, e que se transforman a medida que a pintura e a auga van facendo “a súa maxia”. Docampo amósase moi satisfeita de expoñer na súa vila, logo de telo feito en diferentes salas de Galicia e Portugal.