Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As numerosas baixas na liña de defensa levan ao C.D. Choco a tirar de canteira

RR_Noticias

Un mediocentro reconvertido en defensa e un xuvenil supliron as carencias defensivas do Choco na vitoria ante o Arousa. Gonzalo Fernández “Gonza” recorreu a esta solución pola acumulación das últimas baixas que padece nesta posición coa sanción de Aitor Cañedo e a lesión de Fiuza.

Alberto Suárez, técnico e habitual mediocentro, e Samu Santos, defensa do plantel de formación, axudaron ao equipo. Na vitoria ante o Arousa por 1-0 tivo tamén un protagonismo especial Cortegoso, cunha actuación maxistral e varias paradas na segunda parte do encontro que foron “vitais” para evitar o empate. O equipo sumou tres puntos e é 10º na táboa, con 18 puntos. “Gonza” amósase satisfeito, xa que se trata dun equipo “practicamente novo e con novo técnico”, e marca o obxectivo da permanencia como prioritario. Por iso busca sumar antes do parón de Nadal os 22 puntos que lle dean tranquilidade para a afrontar a segunda volta con garantías. O próximo rival é o Racing Club Ferrol, e agárdase un partido moi complicado, tanto pola calidade do anfitrión como polo longo desprazamento a terras coruñesas e as características do campo, de grandes dimensións. O encontro será o domingo no campo da Malata ás 17.00 horas.

Gonzalo Fernández "Gonza"
As baixas na defensa lastran ao Choco.
Protagonismo de Cortegoso
As súas intervencións foron decisivas para a vitoria ante o Arousa.
Obxectivo
Gonza busca sumar os 22 puntos que lle dean tranquilidade para a afrontar a segunda volta con garantías.
Racing Club Ferrol- C.D. Choco
Partido moi complicado pola calidade do rival así como polo longo desprazamento e as características do campo da Malata.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará