Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia o atraso nas exencións fiscais para as familias con menos recursos

RR_Noticias

A concelleira Digna Rivas advirte que, malia a promesa de Javier Bas antes das eleccións de 2015, o departamento de Servizos Sociais “foi incapaz” de levar a cabo a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras da taxa por recollida de lixo, auga, gas e electricidade “que suporía unha diminución considerable da carga impositiva para as familias con menos recursos”.

Segundo denuncia a candidata socialista á alcaldía, “a falta de xestión” da concelleira de Servizos Sociais impide que, dende o 1 de decembro, “os veciños poidan beneficiarse de melloras nas exencións fiscais”. Rivas sinala “a falta de sensibilidade e desinterese” do goberno local e lamenta que a promesa de Bas “era só un intento de vender fume diante dun proceso electoral”. Explica que a última reunión da comisión de Servizos Sociais para tratar este tema celebrouse en abril de 2017, e desde entón o goberno local “foi incapaz de dar os pasos necesarios para levar adiante a modificación das taxas”. Esa falta de xestión, afirma a edil socialista, impide que as familiar poidan beneficiarse dunha exención de taxas “da que poderían estar gozando xa dende o día 1 deste mes de decembro”. Sinala Rivas que o pasado 26 de novembro convocárase unha xuntanza da Comisión de Servizos Sociais para levar este tema ao pleno do día 29 dese mes, “e unha hora antes a concelleira de Servizos Sociais suspendeu a comisión”. Para o grupo socialista “é unha “mágoa que o desinterese do goberno local prexudique aos veciños que máis precisan da eficacia municipal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará