Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia que a reforma da Alameda Castelao non cumpre coa normativa de accesibilidade

RR_Noticias

Advirten que as novas ramplas teñen resaltes e, ademais, carecen de varandas. A Agrupación de Electores lamentan que a nova obra en lugar de eliminar barreiras arquitectónicas “crease aínda máis” e demandan a reconstrución dos elementos que non cumpren coa normativa en materia de accesibilidade.

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, denuncia que a reforma executada na Alameda de Castelao no centro de Redondela “non cumpre coa normativa en materia de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida”. A lexislación establece que o pavimento debe ser “unh superficie continua e sen resaltes, que permita a cómoda circulación de todas as personas”. Con todo, unha das novas ramplas construída non cumpre estas esixencias. O Código de Accesibilidade editado pola Xunta de Galicia recolle os aspectos técnicos para a supresión de barreiras nos espazos urbanos, e establece tamén que é obrigatorio “o uso de varandas nestes espazos”, que na alameda non se fixeron. Por outra banda advirten desde AER que un novo bordo instalado coa recente reforma “impide o acceso á fonte a persoas en cadeira de rodas”. A formación entende que estas obras reflicten “a falta de sensibilidade do goberno local”, xa que despois dun gasto de case 150.000 euros e 6 meses de traballos, “o goberno de Bas non foi quen de adecuar ese espazo ás persoas con mobilidade reducida”. AER solicita que se reconstrúan as novas ramplas utilizando lousas de pedra en lugar de lastros, que se insiran as preceptivas varandas, e que se elimine a barreira construída arredor da fonte. Asemade, dende AER ínstase a que, cada vez que se faga una obra, “se respecte a normativa en materia de accesibilidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará