Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia atrasos na ampliación da ponte sobre a vía férrea en Saxamonde

RR_Noticias

O voceiro do Bloque, Xoán Carlos González, afirma que a obra, que afecta á ponte sobre a vía férrea no barrio de Casal Do Monte en Saxamonde, acumula seis meses de atrasos e asegura que malia dispoñer do financiamento e do proxecto dende hai un ano e anunciar en xuño o inicio inminente das obras “agora volven adxudicarllo a unha nova empresa”.

O concello de Redondela vai realizar a obra vía Plan Concellos da Deputación cun investimento de 173.000 euros reservados dende o ano 2017. A obra suporá a ampliación ata os 8,30 metros de ancho da ponte, ademais dunha beirarrúa xunto a contención de terras na parte norte.
Malia contar con todo o necesario para iniciar as obras, aseguran dende o BNG que o goberno local foi dilatando os prazos. “Cando o Proxecto estaba rematado, argumentouse que habería unha segunda fase para a renovación do vial en ambos os extremos da ponte, o que levaría a unha negociación cos propietarios dos terreos. Esta intervención realizaríase con remanente do Concello. A nosa sorpresa cando despois da negociación do goberno de Javier Bas con AER, esta partida desapareceu, desviándose a  outras actuacións”, destaca.
Cualifica o edil nacionalista de “vergoñentos” os continuos atrasos nas obras de remodelación na ponte sobre a vía férrea que une dúas partes da parroquia. “Asistimos a un exemplo de que o goberno de Javier Bas vive da propaganda, anunciando unha obra que a día de hoxe non se iniciou”. Considera que se actúa por intereses electoralistas máis que polo beneficio da veciñanza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará