Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural de Chapela aposta polo deporte en grupo

RR_Noticias

Promover o deporte é un dos obxectivos da nova actividade de sendeirismo que arranca esta fin de semana e que vai levar aos participantes a coñecer diferentes espazos de Galicia e norte de Portugal. A primeira proposta consistirá en percorrer a ruta da auga entre Chapela e Redondela e para premiar o esforzo unha vez rematado o percorrido haberá petiscos para os asistentes. A saída será este sábado día 15 ás 9:45 horas dende o Multiúsos do Piñeiral e inclúe unha visita ao coñecido banco de Cedeira. A inscricións, que teñen un custe de 3 euros por persoa, deben facerse a través do 637931747.

A organización corre a cargo de Alba Villar, monitora deportiva que tamén imparte outras especialidades na Asociación, e que promove estas saída como xeito de animar aos veciños a realizar deporte en grupo ao tempo que se coñece o territorio. Con esta primeira ruta propón achegarse a un espazo moi próximo e que nos deixa vistas espectaculares da ría de Vigo así como un percorrido por paraxes naturais ao carón da fervenza do río Fondón, muíños e visita incluída ao coñecido como “mellor banco do mundo de Cedeira”. Con todo, o obxectivo é poñer en marcha un calendario quincenal que inclúa outros percorrido e barallan a posibilidade de facer o Camiño de Santiago en tramos. Lembra Alba Villar que os participantes poderán ir acompañados dos seus cans.      

Alba Villar Asociación Cultural Chapela
Unha actividade para todos os públicos
Un programa de rutas
Estudan facer o camiño de Santiago en tramos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará