Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nova pasarela da Ponte de Xulián aberta aos peóns

RR_Noticias

A Conselleira de Infraestruturas acompañada polo alcalde visitaba esta pasarela na fin de semana e salientaba a súa importancia por achegar aos veciños “un itinerario peonil continuo máis cómodo e seguro e poñer en valor a contorna do peto das ánimas”. Sinala que a actuación favorece a circulación a pé pola marxe dereita da estrada autonómica PO-250, en pleno núcleo urbano, e amósase como alternativa para cruzar o río con maior seguridade. Avanzou que se está a redactar o proxecto de humanización da Avenida Mendiño, que comezará cun treito de 1 km ata a zona do centro de saúde, coa reordenación do tráfico, do tránsito peonil e dos aparcadoiros.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou que a nova pasarela da ponte de San Xulián permite pechar un itinerario peonil continuo no treito urbano desta vila que, ademais de favorecer o desprazamento máis cómodo e seguro dos veciños, pon en valor o espazo no que se atopa un elemento patrimonial de grande interese, como é o Peto das Ánimas.
Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazábanse o sábado a Redondela para ver o resultado da execución desta pasarela metálica sobre o río Alvedosa, iniciada a finais de xullo. Abundou que con este nova estrutura se favorece a circulación a pé nun treito concreto da estrada autonómica PO-250, en pleno núcleo urbano desta vila, e ofrece á veciñanza unha alternativa para cruzar o río con maior seguridade. E para iso, engadiu, construíuse a pasarela metálica adosada á ponte de San Xulián, que completa o itinerario peonil pola marxe dereita desta estrada que vai a Ponte Caldelas, ao seu paso polo Concello de Redondela.
A titular do departamento de infraestruturas da Xunta sinalou que coa construción desta pasarela metálica, ademais de reforzar a seguridade dos peóns, fíxose posible o acondicionamento da contorna. En concreto, dixo, pavimentouse en lousa este espazo no que se distingue un elemento patrimonial de grande interese, como é o Peto das Ánimas, considerado Ben de Interese Cultural (BIC).
Resaltou que a intervención da Xunta, na que só resta o retranqueo do poste da luz por parte da compañía eléctrica, supuxo un investimento de preto de 135.000 euros.
Ethel Vázquez indicou tamén que o seu departamento vai a continuar coa humanización da Avenida Mendiño, que se corresponde coa estrada autonómica PO-363. E avanzou que xa se está a redactar o proxecto para a súa posterior execución por fases, comezando por unha primeira nun treito aproximado de 1 km, ata a zona do centro de saúde, coa reordenación do tráfico, do tránsito peonil e dos aparcadoiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará