Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Usuarios do centro de saúde de Pazos de Borbén maniféstanse contra as carencias de persoal

RR_Noticias

Arrancaron o ano sen médico no ambulatorio. Durante tres días, dende o 31 de decembro e ata o 3 de xaneiro, non contaron con este servizo no seu municipio. Unha situación que, segundo denuncian, repítese con relativa frecuencia xa que ao contar no centro de saúde cun único médico cada vez que este se ausenta quedan sen atención. No mediodía de hoxe concentrábanse diante do edificio para reclamar máis persoal.

Unha das afectadas, Raquel Fernández, lamenta que dende o Sergas non se lle dea solución a un problema que padecen dende sempre. Explica que o acontecido estes días responde a unha mala planificación dende a Consellería “supoñemos que o médico informaría de que se ía ausentar, polo que non entendemos que non se poña un substituto e se deixe a localidade sen servizo”. Algo que se repite tamén cando ese facultativo ten que ir a unha urxencia ou a atender consultas domiciliarias debido as carencias de persoal que presenta o centro de saúde. Unhas carencias que afectan tamén ao servizo de pediatría “a atención é de dúas horas os martes e xoves, noutro horario tes que ir ao Centro de Saúde de Redondela e moitas veces póñennos problemas se non imos cun escrito do médico de familia explicando o motivo de que teñamos que ser atendido noutro centro”.  

Raquel Fernández afectada
Explica os motivos das súas protestas
Pouco persoal
Un médico de familia e un pediatra catro horas a semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará