Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O orzamento da Xunta para o 2019 esquécese do novo peirao de Cesantes

RR_Noticias

Así o denuncia o BNG de Redondela que esixe a Javier Bas que presione ao seu grupo para que se dote de partida económica esta actuación cun custe estimado de 1,5 millóns de euros. Unha obra que dende a confraría consideran fundamental e que consistiría na construción dun novo peirao sobre pilotes. Explican os nacionalistas que nos orzamentos do presente ano só se inclúe unha partida de 200.000 euros en concepto de “estudos previos ao proxecto”, partida que xa fora incluída nos orzamentos de 2018 sen que chegara a executarse.

Dende a organización nacionalista amosan a súa decepción polo rexeitamento do Partido popular a habilitar unha partida económica para a construción dun novo Peirao sobre pilotes en Cesantes. Refírense á emenda formulada polo BNG aos orzamentos da Xunta para o ano 2019 e que “non contou co apoio dos parlamentarios populares, algún deles de Redondela”.
Unha demanda que se repite ano tras ano co fin de garantir o futuro do sector e mellorar a calidade medioambiental de toda a contorna e que, segundo lembran os nacionalistas, “incluso fora comprometida polo PP no 2011 coincidindo coa presentación da candidatura de Javier Bas”.
Logo de comprobar que nos orzamentos da Xunta para este ano 2019, a única partida que aparece a estes efectos é unha cantidade de 200.000 euros en concepto de “Estudos previos ao proxecto”, consideran dende a organización nacionalista que “o Partido Popular está a xogar o de sempre, enganar con partidas en abstracto para deixar pasar o tempo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará