Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior acolle unha xornada sobre a contribución da moda ao feminismo

RR_Noticias

Participarán importantes referentes da moda en Galicia como a investigadora Lola Dopico, a deseñadora Charo Froján, a artista Mónica Mura e a comisaria da mostra, Natalia Fraguas. A xornada desenvolverase este xoves 31 e inclúe unha visita guiada á exposición “A moda en detalles”.

Neste percorrido, no que se pretenden tender pontes entre a moda do século XXI e a do século XIX, participarán importantes referentes da moda en Galicia como son a directora do Máster en Deseño e Dirección Creativa Lola Dopico, a deseñadora da empresa D-DUE, Charo Froján, a artista e deseñadora gráfica, Mónica Mura e a comisaria da mostra Natalia Fraguas.
A presidenta de Deputación, Carmela Silva explicou que se trata dunha xornada de reflexión con estas catro mulleres como protagonistas “desvelarán moitas cuestións da moda do século XIX e principios do século XX”. Ademais, a presidenta tamén afirmou que “o que queremos poñer en valor con esta iniciativa é a moda como elemento de expresión cultural e, ao mesmo tempo, a moda feminina de comezos do século XX como elemento democratizador da muller e de ruptura de clichés en torno ao corpo feminino”. Como exemplo, Silva mencionou os códigos de cores de sufraxistas ou a moda de Chanel.
Unha actividade complementaria a exposición “A moda en detalles: Indumentaria e complementos (1870-1925)” , mostra que recolle pezas únicas da historia da moda feminina de finais do XIX e comezos do XX, pódese ver no castelo de Soutomaior ata o vindeiro 24 de febreiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará