O comité local do Partido Popular de Soutomaior aprobou por unanimidade propor a candidatura de Agustín Reguera á alcaldía de Soutomaior. Con este anuncio, o actual alcalde confirmou ter a confianza das executivas local e provincial para repetir como candidato e tentar revalidar unha alcaldía que leva ocupando dende o ano 1995.
“Fágoo por responsabilidade e vocación de servizo aos meus veciños” explicou Reguera, que afirmou que “a actual lexislatura aínda non terminou, aínda quedan catro meses de intenso traballo por diante para demostrar que somos a mellor opción para Soutomaior”.
Do mesmo xeito, o alcalde destacou que nesta lexislatura cumpriu co que foi o seu gran obxectivo durante varios anos e a súa maior promesa electoral, o instituto público. Agora o obxectivo é seguir traballando e mellorando en sanidade, emprego e en todo o que Soutomaior necesite, finalizou Reguera.