Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Cesantes, a repetir a xesta ante o Moraña

RR_Noticias

O equipo de Segunda Autonómica, que vén de gañar no campo do Caldas, recibe este domingo en Santa Mariña ao Moraña, equipo que lidera a clasificación xunto ao Zacande. No club son conscientes de que será moi difícil sumar un resultado positivo, pero aférranse ao empate colleitado no partido de ida.

O equipo que adestra Pablo Alonso é agora 12º na táboa, logo da vitoria acadada en Caldas na pasada xornada. O conxunto busca seguir coa xeira positiva logo dunha época de malos resultados lastrado polas lesións. O técnico amósase ilusionado e satisfeito co rendemento dos xogadores, dos que destaca sobre todo “o bo grupo” que forma. Ascendidos esta temporada Segunda Galega, márcase como obxectivo acadar a permanencia canto antes para rematar a liga con tranquilidade. O míster fai números, e malia que a temporada se pode complicar “polos arrastres doutras categorías”, confía en sumar canto antes os 40 puntos que lle dean a tranquilidade. A próxima cita será en Santa Mariña, onde xogan como locais, ante o Moraña. Un rival moi duro, 2º clasificado e empatado a puntos co líder, o Zacande. Alonso fai un chamamento á afección “para que os arroupe en Santa Mariña” e poidan repetir ou mesmo mellorar a xesta de Moraña na primeira volta. Alí acadaron un empate, logo de ir por diante no marcador. Xogarán no municipal de Santa Mariña, o seu terreo como locais esta temporada. O seu campo, o da Gándara no Viso, está pendente das obras de reforma para dotalo de herba aritificial, polo que deben organizar os adestramentos e partidos co C.D. Choco. Din estar xa “afeitos” ao campo, e agraceden as facilidades do club redondelán para compaxinar horarios, pero agardan poder estrear o seu novo campo de céspede a próxima temporada. O proxecto para o campo da Gándara, realizado polo Concello, conta cun orzamento de 476.000 e inclúe a instalación de herba artificial, a urbanización do perímetro, unha zona axardinada e nova iluminación.

Pablo Alonso adestrador
O técnico amósase ilusionado e satisfeito co rendemento dos xogadores dos que destaca sobre todo "o bo grupo" que forman.
Loita pola permanencia
O míster fai números e malia que a temporada se pode complicar polos arrastres confía en sumar canto antes os 40 puntos que lle dean a tranquilidade.
Cesantes-Moraña
Alonso fai un chamamento á afección para que os apoie e poidan repetir ou mellorar o empate de Moraña na primeira volta.
Campo da Gándara
Xogan no municipal de Santa Mariña porque o da Gándara segue pendente das obras de reforma. Esperan poder estrealo a próxima temporada co céspede artificial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará