Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela tras cometer un roubo e agredir un menor no centro da vila

RR_Noticias

Os feitos sucederon a última hora da tarde cando, segundo información da Policía Nacional, 4 mozos abordaron a un menor que camiñaba por unha céntrica rúa de Redondela e esixíronlle que lle entregase todo o diñeiro que levaba. Ao negarse un deles, veciño de Redondela e de 21 anos de idade, agrediuno e a continuación fuxiu do lugar á carreira sen lograr o botín.

Tras ter coñecemento dos feitos, os investigadores seguiron varias vías que lle permitiron identificar ao responsable dos feitos, polo que elaboraron un dispositivo para localizalo e detelo. Sería a última hora da mañá cando o localizaron mentres camiñaba pola rúa e procederon á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais, onde se lle tomou declaración.
Ademais realizouse unha comprobación das bases de datos policiais, na cal se confirmou que xa contaba con 35 antecedentes policiais anteriores, sendo moitos deles por feitos similares ao descrito, pasando o detido e todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución número 1 dos de Redondela como responsable dun delito de roubo con violencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará