A Sociedade cultural do Viso acolle este venres día 22 unhas xornadas en torno ao monte comunal organizadas polo Concello de Redondela. As xornadas arrancarán ás 19:30 horas e xirarán en torno a dous eixos fundamentais: a prevención dos incendios forestais e o control da vespa velutina. Unha actividade aberta aos interesados que deben inscribirse previamente a través do teléfono 986400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.gal.
Os asistentes recibirán formación en torno á prevención e como actuar ante un lume así como as medidas que se deben acometer para a protección de vivendas. En canto ás medidas que se deben implementar de cara a reducir o risco de incendio falarase de desbroces e especies pirófitas que se deben evitar.
Outra das cuestións que preocupan é o incremento en canto a prsenza de niños de vespa asiática, polo que se dará información para a instalación de mecanismos de trampeo e de cómo e cando actuar para acabar coas raíñas e niños sen prexudicar outras especies autóctonas.