Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de promoción da lingua e a cultura como elemento distintivo na hospedaría de Redondela

RR_Noticias

A Asociación de empresarios organiza esta tarde un encontro con responsables da Xunta e Concello co obxecto de preparar actividades e presentar material divulgativo vinculado ao Xacobeo 21. Atendendo a que un dos grandes motivos que move aos peregrinos a se embarcar no camiño Francés son motivos culturais e lingüísticos, o obxecto deste encontro que se desenvolverá na Casona da Torre é coordinar o traballo entre os locais que ofrecen aloxamento en Redondela e as diferentes administracións.

A xornada, que arrancará as 17:30 horas de hoxe xoves, contará coa intervención do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García quen presentará as liñas de traballo de cara a celebración do ano Xacobeo no 2021. Intervirá o ex director de comunicación de hostalaría de Santiago e director de Galeguesa, Aser Alvarez encargado de achegar experiencias empresariais en Compostela arredor da lingua galega e dar conta dos seus resultados. Finalmente a técnica da consultora Supernova, Ana Seco presentará diversos distintivos relacionados cos selos do Xacobeo. En representación do Concello intervirá o alcalde Javier Bas e o técnico de normalización do concello de Redondela, Xurxo Martínez, quen pechará o acto presentando diferente material dirixido á hospedaxe. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na propia asociación de empresarios no teléfono 986 404012.  

Julia Alonso empresarios
Unha actividade orientada aos propietarios e xestores de aloxamentos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará