O sinistro producíase ás 22:15 horas de onte na céntrica rúa Xeneral Rubín á altura da Praza de Santiago cando un vehículo colidía contra outros dous estacionados causándolles danos de importancia. Afortunadamente non hai que lamentar feridos. Como consecuencia tamén se produciron danos no mobiliario urbano.
No sinistro foi necesaria a intervención dos axentes da policía local que se encargarán agora de investigar o acontecido para determinar o motivo polo que o condutor do vehículo siniestrado perdeu o control ata colidir cos outros dous.