Os hostaleiros deciden adiar ata o mes de outubro a celebración desta cita gastronómica que nos últimos sete anos víñase celebrando no mes de abril complementando así a oferta de ocio na vila ao coincidir co Festival de Curtametraxes. Sen embargo, a suspensión do evento cinematográfico, logo da dimisión do seu director, leva aos hostaleiros a pospoñer a Ruta do Pincho que se traslada “ao mes de outubro” co obxectivo de “facela coincidir novamente co festival de curtametraxes que tamén este ano cambiará de data” segundo explican dende a Asociación de empresarios.
Un cambio de datas que vén provocado pola suspensión do Redondela en Curto e que segundo explican se organizará no mes de outubro. Co obxectivo de facer coincidir a Ruta do Pincho con ese festival os asociados acordaron trasladar tamén a cita gastronómica.
Os hostaleiros apuntaron como vantaxes das novas datas a oportunidade de poder traballar con outros produtos de temporada de outono así como poder prolongar a tempada estival.
Anúnciase que as novas propostas de actividades para a promoción do sector hostaleiro na primavera terán un carácter único e que suporán unha importante innovación para o sector hostaleiro da localidade.