Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis medallas para o C.R. Chapela nas regatas de bateis disputadas no Grove e Cangas

RR_Noticias

Un ouro, dúas pratas e tres bronces, ese foi o positivo balance das embarcacións de Chapela logo das dúas regatas de bateis disputadas esta fin de semana coa III Bandeira Amegrove e a XIX Bandeira Concello de Cangas. O club de remo Mecos foi o claro protagonista nas dúas citas.

III Bandeira Amegrove
No balance xeral da III Bandeira Amegrove de bateis que onte pola mañá se disputou en Porto Meloxo, no Grove, de novo a escuadra do Club Remo Mecos foi protagonista, ao proclamarse campións en catro das dez probas do programa. Pola súa banda o C.R. Chapela sumou tres medallas, a prata na categoría Cadete feminina, e dous bronces na Xuvenil feminina e na Cadete masculina.
Resultados masculinos: Alevíns: 1.Virxe Guía, 2.46:44; 2.Mecos, 2.47:84; 3.Rianxo, 2.48:13. Infantís: 1.Vilaxoán, 4.44:51; 2.Cabo Cruz, 4.45:35; 3.Mecos, 4.45:96. Cadetes: 1.Mecos, 6.52:47; 2.Rianxo, 6.54:56; 3.Chapela, 6.57:02. Xuvenís: 1.Mecos, 9.03:56; 2.Samertolaméu, 9.07:21; 3.Cabo Cruz, 9.09:22. Absolutos: 1.Mecos, 8.41:06; 2.Tirán, 8.41:49; 3.Samertolaméu, 8.43:19.
Resultados femininos: Alevíns: 1Samertolaméu, 2.46:49; 2.Bueu, 2.47:55; 3.Vila Cangas, 2.48:37. Infantís: 1.Mecos, 5.00:62; 2.Vilaxoán, 5.01:93; 3.Amegrove, 5.14:27.Cadetes: 1.Rianxo, 7.25:12; 2.Chapela, 7.30:88; 3.Tirán, 7.32:93. Xuvenís: 1.Vilaxoán, 9.27:67; 2.Tirán, 9.39:40; 3.Chapela, 9.58:29. Absolutas: 1.Riveira-A, 9.31:59; 2.Samertolaméu, 9.32:67; 3. Riveira-B, 9.39:66.
XIX Bandeira Concello de Cangas
Mecos volveu erixirse en protagonista e campión na XIX Bandeira Concello de Cangas de bateis disputada o sábado tanto na versión feminina como masculina. Unha dobre vitoria que nas probas e Bandeira feminina estivo bastante axustada sumando 13 puntos, con Vilaxoán segundo con 12 e logo Chapela e Samertolaméu con 11 puntos. O club redondelán fíxose con tres medallas: o ouro na categoría Cadete feminina, prata en xuvenil feminina e bronce en Infantil masculina.
Resultados masculinos: Alevíns: 1.Mecos, 2.31:58; 2.Coruxo, 2.42:41; 3.Virxe Guía, 2.50:72. Infantís: 1.Vila Cangas, 4.42:79; 2.Mecos, 4.47:23; 3.Chapela, 4.48:45.Cadetes: 1.Mecos, 6.44:10; 2.Coruxo, 6.50:19; 3.Samertolaméu, 6.52:23. Xuvenís: 1.Robaleira, 8.49:71; 2.Samertolaméu, 8.50:85; 3.Mecos, 9.03:38. Absolutos: 1.Mecos, 8.23:41; 2.Tirán, 8.26:91; 3.Bueu, 8.27:76.
Resultados femininos: Alevíns: 1.Samertolaméu, 2.33:94; 2.Bueu, 2.36:37; 3.Vila Cangas, 2.37:25. Infantís: 1.Mecos, 4.49:34; 2.Vilaxoán, 4.54:46; 3.Amegrove, 4.59:75. Cadetes: 1.Chapela, 7.18:01; 2.Tirán, 7.23:18; 3.Robaleira, 7.26:88. Xuvenís: 1.Vilaxoán, 9.36:27; 2.Chapela, 9.55:33; 3.Bueu, 9.58:16. Absolutas: 1.Mecos, 9.14:46; 2.Samertolaméu, 9.17:43; 3.Coruxo, 9.35:01.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará