Logo de que meses atrás a Xunta local do PP xa confirmase que o actual alcalde, Javier Bas sería por terceira vez o candidato do PP á alcaldía de Redondela, este domingo o candidato popular contará co apoio explícito do presidente do PP e titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo nun acto que se celebrará no Pazo Torres Agrelo. Malia intuírse que poderían repetir na candidatura moitos dos actuais concelleiros, non será ata dentro de 15 días cando o PP desvele a lista ao completo.
O presidente do PP galego e titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitará este domingo Redondela acompañado doutro peso pesado do partido, Alfonso Rueda, para participar dun almorzo no que dará o seu total apoio a Javier Bas, quen intentará revalidar a alcaldía nas próximas eleccións municipais de maio.
Unha presentación oficial que se celebrará no Pazo Torres Agrelo cun almorzo ao que están convidados os militantes o domingo ás 14:00 horas.