Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Soutomaior camiña”, un proxecto de humanización e dinamización do Camiño de Santiago

RR_Noticias

O BNG vén de presentar o proxecto Soutomaior Camiña para a humanización e dinamización do tramo do camiño de Santiago que discorre por esta localidade facendo fincapé no feito de que se trata dun tramo “fin de etapa”. Entenden que unha mellora urbanística e unha maior promoción cultural debería traducirse en que os peregrinos non só crucen a localidade senón que queden non municipio facendo noite no concello o que implicaría beneficios para a hostalaría e comercio.

Os nacionalistas entenden que o proxecto Soutomaior Camiña, que veñen de presentar xunto co deputado provincial Xosé Leal, é unha das medidas principais do seu programa no que se inclúen actuación encamiñadas a dinamizar o comercio local, a hostalaría e o turismo de Soutomaior mediante a potenciación  do camiño de Santiago ao seu paso polo municipio.
“O obxectivo é aproveitar o potencial económico que supón que cada ano pasen pro este municipio máis de 60.000 peregrinos”.
Un proxecto que presenta tres liñas de traballo. A liña urbanísticas que parte da necesidade de recuperación do camiño de Santiago ao seu paso polo concello coa humanización das rúas para recuperar zonas históricas do concello así como humanizacións con acceso a residentes e servizos, reordenación do tráfico, prioridade peonil e aparcamentos disuasorios.
 Na liña económica Manu Lourenzo destacou que é fundamental acadar o “obxectivo: Arcade fin de etapa” potenciando que os peregrinos non só pasen polo concello,senón que pernocten ou estan varios días na localidade e, finalmente, unha terceira liña orientada a fomentar o ámbito cultural creando unha oferta de ocio e de servizos atractiva para veciños e visitantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará