Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero repite como candidato de Alternativa Veciñal “para poñer Pazos a funcionar”

RR_Noticias

A agrupación de electores Alternativa Veciñal (AV) tivo o seu acto de presentación o pasado sábado na Casa da Cultura de Nespereira. No evento, ao que asistiron máis de cen persoas, deuse a coñecer a lista coa que buscará arrebatarlle a alcaldía a Andrés Iglesias e adiantaron algunhas das prioridades de Alternativa “para poñer Pazos a funcionar”: a reactivación do polígono de Amoedo, o fomento do emprego local, a mellora do colexio, a prevención de incendios e o coidado dos montes ou una unha reforma do sistema de adxudicación de subvenciones más aberto e igualitario.

O edil e actual portavoz de AV, Luciano Otero, repetirá como cabeza de lista. Asegurou que Alternativa Veciñal nace do desencanto cos partidos pero coa convicción de que “implicarse na política é bo, ademais de necesario para mellorar o noso concello”. “Alternativa Veciñal é a única forza con opcións de gañar e poñer Pazos a funcionar”, sentenciou entre aclamacións e aplausos ao candidato.
A Otero e aos outros tres concelleiros, Vitoria Couñago, Mercedes Míguez e Martin Harris, súmanse nos postos altos novas caras de veciños e veciñas “fartos de tanto amiguismo e mala xestión”. A lista electoral fórmana 20 persoas de todas as parroquias do concello, “un equipo que reforza este proxecto veciñal en condicións de gobernar”.
Durante a presentación fíxose un repaso da traxectoria e o traballo da agrupación no último mandato. O acordo do polígono de Amoedo, o horario dos plenos, a modificación do sistema de contratación municipal, ou a denuncia de facturas e subvenciones irregulares foron algunhas das iniciativas que AV debullou no evento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará