O local de hostalaría na zona de Vilavella acolle nos sábados do mes de abril diversos espectáculos de maxia que buscan ofrecer súa clientela unha programación diferente que non atopan noutros espazos. As actuación pendentes correrán a cargo de Samuel Moreno, este sábado día 20 e pechará o programa Dani Polo o sábado 27.
Unha programación que está a contar co favor do público, segundo confesa o propietario do local Cayetano Bouzón, quen está a prepara xa novas novas propostas de cara aos vindeiros meses. Un xeito diferente de promocionar o seu negocio e atraer tamén a un público que busca algo máis que tomarse unha copa.