Cabo do exército pero tamén activo militante republicano, Marco Antonio Santos, máis coñecido en Redondela como Markos Lareira, atópase actualmente na súa casa tras ser suspendido polo Exército. A sanción débese as súas declaracións nos seus perfís nas redes sociais que o exército investigou a raíz de que a súa sinatura aparecese nun manifesto antifranquista.
O Exército decidiu finalmente suspender de funcións a Marco Antonio Santos, o primeiro militante en activo que asinou un manifesto antifranquista en reacción a unha carta asinada previamente por 160 militares que, nada máis pasar a reserva, escribiron un texto en defensa do ditador Franco. Con todo, ese foi tan só o inicio dun proceso que levou a este veciño de Redondela a ser suspendido de funcións. Os motivos: a entrevista que concedeu ao xornal dixital Eldiario.es e as declaración de carácter político que ten vertido a través dos seus perfís nas redes sociais nas que manifesta comentarios pouco respetuosos cara a Coroa ou cara algunhas formacións políticas. Actualmente ten un expediente aberto por parte do exército que ao seu entender acabará coa súa suspensión definitiva do corpo. Malia as consecuencias a nivel persoal que poida ter o seu comportamento e as súas declaración públicas, Marco Santos non se arrepinte de ter dado ese primeiro paso que supuxo o inicio da súa “persecución”, o manifesto antifranquista: “temos que parar a eses militares que defenden un estado ditatorial”.