Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gonzalo Fernández: “O que está a facer o C.D. Choco esta tempada é incrible, hai que disfrutalo”

RR_Noticias

O equipo que adestra Gonzalo Fernández “Gonza” encara a recta final da liga a tan só dous puntos do “play-off”, e mañá xoga en Tui a semifinal da Copa Deputación ante o Tyde. O técnico salienta tamén o feito de levar invictos toda a temporada en Santa Mariña, logo de ter superado “por moito” o obxectivo da permanencia.

Logo da vitoria sobre o Arousa da pasada xornada, o equipo redondelán da Terceira División ocupa a quinta praza, a tan só dous puntos dos postos de “play-off” que marca o Alondras. Fernández advirte chegaron á parte final da competición tal como desexaban, “con opcións de repetir algo grande” como é volver a colocarse na fase de ascenso. No que resta de liga teñen moito que gañar e nada que perder, xa que o obxectivo da permanencia está garantido hai tempo, e hai tan só uns meses “ninguén apostaría porque estaríamos con opcións a estas alturas”. Por iso para o técnico o que o equipo ten acadado ata o de agora “xa é todo un éxito”. Por iso recomenda a seareiros e equipo “que disfruten”. Algo doado nunha temporada na que o C.D. Choco aínda non coñece a derrota en Santa Mariña. “Gonza” sinala que agora teñen por diante un calendario moi complicado con rivais difíciles, pero asegura que seguirán pelexando “ata o final”. Tamén están inmersos na Copa Deputación. Mañá mércores xogan en Tuy a semifinal ante o Tyde ás 21.15 horas. Todo un éxito do equipo, que compaxina as dúas competicións, e quere revalidar o título provincial. A próxima cita do Choco en liga será o sábado, o club adianta o partido desta xornada ante o Racing Club Ferrol. O encontro será en Santa Mariña ás 17.00 horas. Un partido difícil ante o líder, pero o equipo de “Gonza” xa sabe o que é gañar na casa a equipos grandes, como o Compos, ao que se impuxo por 2-0 recentemente. A xornada adiántase ao sábado en Redondela porque o próximo mércores, primeiro de maio, volve haber liga. O Choco desprázase para xogar no campo do U.D. Ourense, equipo co que agora están moi igualados, os anfitrións suman un punto menos que os de Redondela. E na xornada na que o Choco se mide ao líder, eles xogan no campo do Boiro. Tamén será este sábado, ás 17.30 horas. E independentemente dos resultados, os dous chegarán con opcións de pelexar pola fase de ascenso. Un final de liga emocionante para o equipo redondelán, que ten moitas opcións tanto de facerse coa Copa Deputación como de meterse no “play-off” a Segunda B.

Gonzalo Fernández "Gonza". Técnico do C.D. Choco
O adestrador recomenda a xogadores e público que disfruten dos éxitos que ten acadado o equipo esta temporada.
Copa Deputación
O Choco mídese mañán ao Tyde en semifinais.
C.D.Choco-R. Ferrol
Será un partido moi complicado ante o líder pero Gonza confía na fortaleza que ten demostrado Santa Mariña esta temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará