Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte Maios para festexar a primavera

RR_Noticias

O primeiro de Maio é unha xornada reivindicativa no laboral coa conmemoración do Día do traballador, pero tamén festiva cunha cita obrigada en Redondela, a Festa dos Maios. Retranca, fiuncho e flores volverán ser protagonistas nunha mañá de mércores que reunirá un total de vinte participantes que tentarán facerse con algún dos premios que se conceden nas categorías de Maio tradicional, artístico, coplas e interpretación.

Redondela prepárase para vivir un ano máis a tradicional festa dos Maios que contará nesta ocasión cun total de 20 Maios. Unha figuras vexetais que se poderán ver xa a partir das once da mañá na Alameda, lugar no que permanecerán ata que se dean a coñecer os premiados, e cuxos integrantes subirán ao palco, que nesta ocasión instalarase ao carón da ponte de madeira, para cantar e interpretar as súas coplas.
Os participantes disputaranse os premios que nesta edición están dotados cunha contía maior respecto ao ano pasado. Así o primeiro premio de cada categoría ascende a 300€, 250 é o que recibirá o segundo, mentres que o terceiro clasificado recibirá 200 euros.
O tráfico estará cortado á circulación a partir das dez da mañá ata que remate o certame.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará