Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera presenta unha candidatura renovada para tentar revalidar a alcaldía de Soutomaior

RR_Noticias

Acompañan ao candidato popular ata nove caras novas, dun total de 23, con respecto ás eleccións de 2015, nunha lista que Agustín Reguera define como a “mestura perfecta de experiencia e mocidade. Con membros de case todos os barrios do municipio” na que Noelia Ocampo ocupa o número 2 e Ramón Fernández o 3. Caen da candidatura os que durante anos foron concelleiros como a edil de Cultura, Dolores Cernadas e Jesús Antonio Vidal.

Agustín Reguera, actual alcalde de Soutomaior, será de novo o candidato do Partido Popular para os comicios do mes de maio. O acto de presentación da candidatura celebrouse  no edificio Multiusos de Arcade e contou coa presenza da cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, e o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda.
Reguera amosou o seu “compromiso con Soutomaior” e asegurou que volve presentarse ás elección municipais “con ilusión e o orgullo de representar aos veciños”. Arroupado polo resto de integrantes da candidatura, a cabeza de lista e actual alcalde explicou algún dos seus compromisos no caso de ser reelixido : a ampliación do centro de saúde, cursos de formación que permitan acceder a un emprego, aumentar e mellorar a capacidade e a atención dos Servizos Sociais e manter conxeladas as taxas municpais para reducir a carga impositiva das familias.
Durante a súa intervención, o alcalde fixo tamén un breve repaso do últimos catro anos de mandato dos que destacou “a excelente xestión económica do Concello, coa que alcanzamos a Débeda Cero e que nos permitiu conxelar todas as taxas municipais para que os nosos veciños non gasten o seu diñeiro en impostos, senón nas súas familias e o cumprimento da súa gran promesa electoral das eleccións pasadas, a construción do novo instituto público de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará