Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Analizamos os resultados electorais con Luis Cuntín, especialista en socioloxía electoral

RR_Noticias

“É un triunfo indiscutible do PSOE, que responde a unha aposta pola moderación e a unha certa esaxeración do perigo que puidera supoñer a extrema dereita,  tamén en  gran medida a un Casado que lle fixo a campaña a Sánchez” así o entende Luís Cuntín, quen nos deixa reflexión tamén en torno aos resultados acadados polo restos dos partidos e a súa posible translación aos comicios municipais do 26M.

Difícil facer unha extrapolación dos resultados que as urnas nos deixan nestas eleccións estatais de cara aos comicios que se van celebrar en menos dun mes. Así o corrobora Luis Cuntín, especialista en socioloxía electoral quen reflexiona na Radio Municipal do mapa político que nos deixa o 28A, cunha vitoria indiscutible do PSOE e un duro revés para o PP. “Unha derrota para o PP que, con todo, é un partido que non está ferido de morte pero que terá que redefinirse ideoloxicamente” co obxecto de volver ser unha opción de goberno. Lembra que parte da desfeita débese á forte irrupción de Rivera “que lonxe de ser un partido de extremadereita, lugar no que o quixeron colocar os partidos da esquerda, afiánzase como partido liberal ou neoliberal”. Pero tamén foron moitos os votos que se lle foron cara Vox, de feito, entende Cuntín que o futuro desta formación “vai depender de cómo evolucione o PP”. En canto á situación en Galicia e á falta de representación tanto de BNG como de En Marea fai lecturas ben diferentes, xa que ao seu entender “o BNG é un partido sistémico que se está a recuperar mentres que En Marea, cun 1% dos votos en Galicia, ten necesariamente que redefinirse”. Finalmente, descarta unha proxección destes resultados, que en Redondela deixan a PSOE e Podemos por diante do PP, con respecto ao que poida acontecer en menos dun mes. Por unha banda porque malia ter o noso concello unha forte base votante do PSOE dende sempre, presentan agora unha candidata “inédita” que se enfronta ademais a un PP que parte con vantaxe polo feito de estar no poder e porque “non é o mesmo Javier Bas que Casado”. A isto hai que engadir particularidades específicas do noso concello como é a existencia de AER “cuxo apoios en termos de poder polo comportamento que logo adopta na corporación ou non é ou é paradoxica”.  

Luís Cuntín análise electoral
Escoita a entrevista ao completo
PSOE
Unha vitoria indiscutible
PP
Un partido derrotado pero non ferido de morte
Vox
O seu futuro dependerá do que faga o PP
BNG e En Marea
Dúas realidades moi diferentes
Situación en Redondela
Unha difícil extrapolación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará