Como resultado do incidente, que se producía ás 18:00 horas deste mércores 1 de Maio, resultou ferida leve unha moza de 15 anos que estaba facendo uso dun dos elementos do parque. Concretamente a rapaza estaba columpiándose nun elemento que ten capacidade para varios nenos cando, ben polo seu uso incorrecto ou polo mal estado das estrutura, esta cedeu facendo que a rapaza que se atopaba no seu interior caera contra o chan.
O suceso tiña lugar a media tarde de onte cando o parque se atopaba ateigado de nenos e pais e nais que estaban gozando da zona infantil animados polo bo tempo. O columpio danado consiste nunha cesta de gran tamaño no que adoitan balancearse varios rapaces a un tempo. Con todo, onte a estrutura que o sostén non aguantou o peso, rompendo unha das pezas de madeira que o sosteñen anclado a estrutura de metal, descolgándose a cesta na que se atopaba a moza que resultou ferida e que foi trasladada ao Hospital Alvaro Cunqueiro para valorar as lesións, xa que se queixaba de dor nas costas por mor da caída.
Axentes da Policía Local desprazáronse ao lugar para acordoar o elemento danado e evitar novos incidentes.