Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas en torno a Casto Sampedro e a antropoloxía galega

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle este venres unhas xornadas que buscan afondar na figura do redondelán Casto Sampedro e a súa achega á antropoloxía galega. Para esta actividade, organizada dende o Servizo de Normalización Lingüística, contarase coa presenza de diferentes especialistas como Rafael Quintía, Xulia Feixoo, Xavier Groba, Beatriz Busto e Rafael Rodríguez. As actividades trasládanse o sábado a Pontevedra co roteiro “tras as pegadas de Casto Sampedro en Pontevedra”.

Actividades de balde e sen necesidade de inscrición previas ás que organiza este venres e sábado o servizo de Normalización Lingüística de Redondela que buscan dar a coñecer as achegas de Casto Sampedro á antropoloxía galega. Nacido en Redondela en 1848 foi o fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo sendo o Cancionero musical de Galicia un dos seus máis salientables traballos. Deste e doutros aspectos da súa personalidade e achegas á cultura falarase este venres a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura con presentación das xornadas a cargo de Rafael Quintía e de Xulia Feixoo. A  continuación Xavier Groba impartirá a charla “Ao ronsel de Casto Sampedro: estado actual da etnomusicoloxía galega” e de seguido falará Beatriz Busto sobra a “Galicia conxelada. A necesidade da reflexión antropolóxica na actualidade”. Ás 19:45 será a quenda de Rafael Rodríguez coa conferencia “Entre sachadores e burócratas. Unha ollada á arqueoloxía galega actual”. Pechará a xornada unha mesa redonda con participación de todos os especialistas. O sábado 4 de maio as actividades continúan en Pontevedra, nas ruínas de San Domingos con música a cargo d´Os Trubincos do Batán ás 10:30 e o roteiro “Tras as pegadas de Casto Sampedro en Pontevedra”, a cargo de Telmo Crespo.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüística
As charlas desenvolveranse este venres na Casa da Cultura
Roteiro por Pontevedra
Telmo Tojeiro será o encargado de guiar aos participantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará