Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o roubo de castiñeiros recentemente plantados no barrio do Escredo no Viso

RR_Noticias

Os comuneiros decatáronse do roubo este mesmo luns cando visitaron a zona e atoparon unicamente os buratos tras seren arrincadas as árbores que foran plantadas o pasado 10 de marzo. Fan un chamamento aos veciños para que acheguen pistas que poidan dar co autor ou autores do roubo e avalían presentar unha denuncia antes o Seprona ou a Policía Nacional.

No barrio do Escredo, co gallo da celebración do día da árbore, a comunicade de montes veciñais do Viso coa colaboración de 50 voluntarios, realizaron o día 10 de marzo unha plantación de castiñeiros nunha zona próxima ás casas que xa fora anteriormente rozada. Unha iniciativa enmarcada dentro das medidas protectora de cara a evitar os incendios forestais e para dar cumprimento ás distancias de defensa que establece a lei de incendios.
A sorpresa dos comuneiros foi maiúscula cando este luns 6 de maio comprobaron como parte do arborado instalado no Escredo foi roubado, quedando no lugar unicamente os buratos tras ser arrincadas as árbores. A Xunta Directiva do monte comunal cualifica de “decepcionante e incomprensible que haxa persoas que insulten deste xeito ao traballo da veciñanza do Viso e dos voluntarios e voluntarias que axudan á rexeneración e coidado do monte veciñal”.
Dende a Xunta Directiva estase avaliando na actualidade os danos provocados para ver de proceder a denunciar o delito ante o Seprona ou a Policía Nacional e que poidan investigar para localizar aos culpables. “Neste senso precisamos e pedimos colaboración cidadá para, por un lado, estar atentos daquelas persoas que queiran facer mal no monte e, por outro, axudar a proporcionar pistas sobre os delincuentes que puideron cometer este acto en contra do ben común”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará