Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse actores e actrices para a nova película que Ignacio Vilar rodará en Redondela

RR_Noticias

O novo filme do director de “A Esmorga” levará por título “María Solinha” e comezará a gravarse o vindeiro 19 de agosto no noso concello. Está previsto rodar escenas en espazos tan emblemáticos como a illa de San Simón, o Casco Vello, o cemiterio dos Eidos ou o torreiro da Festa de Reboreda. Un casting o día 21 no Multiúsos da Xunqueira servirá para elixir parte do elenco que dará vida aos protagonistas desta película.

Ignacio Vilar explicou que se trata dunha película na que se entronca un personaxe do século XVII como foi a canguesa María Soliña cunha “María Soliña” da actualidade, “dúas mulleres que están sendo atacadas polo dragón”, figura que estará tamén presente nesta longametraxe a través da Coca de Redondela. Engadía o cineasta que se trata dunha “película moi actual porque trata da revolución da igualdade que estamos a vivir”. Esther Carrodeguas, asesora do reparto, insistía tamén na actualidade do argumento en torno ao cal xira o filme que emprega a “figura do dragón como metáfora das inquedanzas e ameazas que sofren as mulleres”. Unha película cuxa rodaxe arrancará o 19 de agosto e que servirá para trasladar á pantalla o noso territorio, xa que boa parte das escenas estarán enmarcadas en diferentes espazos da vila que chegarán así as salas de cine. Unha produción que está agora en fase de selección dos que serán os seus actores e actrices, motivo polo que animan aos veciños a achegarse ao casting que se celebrará o martes 21 en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Non se busca un perfil determinado “o único requisito será dominar o idioma galego, xa que é unha produción rodada ao 100% en galego”. En total, compre atopar trinta persoas que dean vida aos personaxes principais así como a veciños dispostos a facer de figurantes. Insistía Ermel Morales na idea de que non se busca só actores profesionais e animaba aos veciños a se presentar. Un proxecto que contará con financiamento da TVG, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Cangas e Redondela. Neste sentido, explicaba o alcalde, Javier Bas, a relevancia de participar dunha produción destas características que permitirá trasladar o noso territorio as salas de cine e as pantallas das nosas casas. Está previsto que o preestreno teña lugar en Redondela o 17 de maio do vindeiro ano.  

Ignacio Vilar director de cine
Fálanos da súa próxima producción
Maria Solinha
Unha película qeu fala da revolución da igualdade
Esther Carrodeguas asesora de reparto
Achega máis datos sobre o guión
Ermel Morales asesor de reparto
Convida a todos os veciños a participar no casting
Javier Bas alcalde
Amosa a sáu satisfacción por particpar desta producción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará