Andrés Iglesias acusa ao candidato de Alternativa veciñal de Pazos, Luciano Otero, de querer provocar crispación antes das eleccións con “xogo sucio” logo de que o grupo da oposición denunciara irregularidades no censo electoral como que varios xogadores de fubito estiveran empadroados na residencia da terceira idade “Mi Casa” da parroquia de Amoedo ou que na casa do actual tenente de alcalde figuren residindo 11 persoas.
Para o alcalde de Pazos esta denuncia só busca “crispar e enfrontar aos veciños” e asegurou non ter constancia das supostas irregularidades no censo denunciadas dende Alternativa Veciñal “eu decateime disto pola prensa e estráñome porque nin lle presto atención ao censo. Máis que nada porque polo nome e apelidos é imposible distinguir a todos os veciños. Eu coñézoos por ser veciños de toda a vida, polas súas familias e por falar con eles cara a cara, non por un Dni”.
Engadía Iglesias que “hai que ter moi pouca vergoña para acusar a alguén do que ti mesmo estás a facer” en referencia a que na lista que lidera Luciano Otero “case a metade dos candidatos non residen no municipio. Empezando polo propio candidato, que reside en Redondela”.
Na xornada de hoxe está previsto que Alternativa Veciñal presente ante a Fiscalía as supostas irregularidades detectadas no censo e que entenden buscan influír no resultado electoral do vindeiro 26M.