Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Críticas sindicais ao goberno local pola súa negativa a negociar melloras para os traballadores

RR_Noticias

Os sindicatos con representación no Concello de Redondela CIG, UXT e CSIF, critican o que cualifican de “catro anos de inactividade” en canto ás negociacións entre  goberno local e os representantes dos traballadores. Aseguran que a día de hoxe as relacións “son nulas e están enquistadas” pola negativa do alcalde a adoptar medidas que faciliten o traballo dos empregados públicos.

Poñen como exemplo que non se dea un valor real aos postos que desempeñan os traballadores ou que non se remuneren aquelas tarefas que algúns operarios realizan e que son superiores á categoría do posto de traballo designado (persoas auxiliares que desenvolven funcións de administrativas ou operarias collen ferramentas mecánicas constantemente, ou conducen os vehículos municipais sen seren condutoras).
Critican tamén “os diferentes criterios que utiliza o Alcalde para cubrir as comisións de servizos, prazas vacantes ou promoción interna. Faino segundo lle interesa e sen criterios obxectivos. Por exemplo, segue sen cubrirse o posto de encargado de obras tendo a un político facendo esta función”.
Dende os sindicatos denuncian tamén o deterioro do parque móbil ou a falta de material axeitados en departamentos como Vías e Obras así como que non exista un plan de evacuación nas instalacións municipais “en caso de incendio na Casa do Concello o cadro de persoal non ten formación nin temos vías de escape alternativas. O mesmo sucede no edificio destinado a Servizos Sociais en Redondela”.
Precisamente sobre o local de Servizos Sociais critican que se continúe sen facer o cambio que tanto tempo se leva prometido e sen explicacións convincentes dos motivos deste atraso que leva anos, o que obriga a atender ás persoas con mobilidade reducida “fóra das instalacións, sen confindecialidade nin privacidade”. Lembran ademais que as traballadoras de Servizos Sociais están expostas a diferentes perigos físicos “que o Concello non sempre soubo resolver, o cal deu pé a situacións graves de violencia. Foi así como finalmente se contrata un servizo privado de seguridade cando antes este servizo o ofrecía a policía local”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará