A Compañía De Ste Xeito Producións actúa este sábado 25 ás 20:00 hroas no Multiúsos da Xunqueira coa obra Running baixo a dirección de Esther F.Carrodeguas e con protagonismo de Stephy Llaryora e Sergio Macías, dous únicos actores que dan vida avinte personaxes. As entradas pódense retirar no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 7 euros público en xeral, 5 entrada reducida.
O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado Running, unha comedia da compañía De Ste Xeito, unha obra que dende a produtora definen como “unha suorosa comedia”, e que é a segunda colaboración de Carrodeguas con De Ste Xeito, despois de Loló e Mamá.
En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.