Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello asfaltará varios camiños das parroquias por valor de máis de 90.000 euros

RR_Noticias

O Concello de Redondela acaba de adxudicar varias obras para mellora e acondicionamento de camiños das parroquias de O Viso, Cedeira e Redondela.  En concreto, o Concello porá en marcha nas vindeiras semanas o asfaltado e diversas actuacións no Camiño Torreiro do Viso, no lugar de Saramagoso, e no camiño Fondo do Canudo, no lugar de As Cabritas, en Reboreda. Por outra parte, tamén se levará a cabo o asfaltado do Camiño San Pote, en Cedeira, e do Camiño Arango, en Redondela.

Todas estas obras responden a proxectos que o Concello elabora en colaboración coa veciñanza para dar resposta ás súas necesidades. O importe dos traballos supera os 90.000 euros e enmárcanse dentro do Plan Concellos, sendo o Concello a entidade que leva a cabo os proxectos e a execución dos mesmos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará