Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE, AER, BNG e Podemos, abertos a un pacto de esquerda

RR_Noticias

Os pactos postelectorais poderían ser decisivos de cara a determinar quen ocupará a alcaldía de Redondela os vindeiros catro anos. As forzas de esquerda, interpeladas sobre esta cuestión no debate político organizado pola Radio Municipa lde Redondela, amosan a súa disponibilidade a negociar un posible goberno alternativo no caso de que os populares non logren a maioría. Dende o PP non queren falar de “dereitas e esquerdas, porque a nivel local o que ten que primar é a xestión”. Dende Ciudadanos non son rotundos nos seus posicionamentos pero falan da “necesidade dun cambio de rumbo en Redondela”.

Este domingo viviremos uns comicios abertos, onde nada está decidido e nos que probablemente se repita a situación de eleccións pasadas nas que os resultados non dean a maioría a ningún dos seis partidos que se presentan. Os candidatos e candidatas son conscientes de que o futuro goberno pasará en gran medida pola súa capacidade para negociar pactos electorais. Os partidos de esquerda amósanse dispostos a negociar un “goberno de esquerdas e progresista”, algo ao que se comprometía a candidata socialista Digna Rivas, quen dixo “do mesmo xeito que estivemos dispostos a facelo nos mandatos anteriores”. Tamén amosaba a súa disposición a ese hipotético goberno de coalición o candidato de Unidas Podemos, Enrique Fojo “nos estamos dispostos a negociar co partidos que defendan o feminismo, a igualdade social, a participación e os servizos públicos”. O único partido que estableceu liñas vermellas explícita foi o BNG. Explicaba Xoán Carlos González que logo do domingo “será preciso chegar a acordos para evitar o que sucedeu nestes anos, nos que o PP gobernou en minoría como se tivera maioría”. Insistía en que o Bloque “negociará sempre, pero nunca apoiará un goberno no que estean presentes Ciudadanos ou PP”. Dende AER, partido que nos últimos mandatos tivo na súa man facilitar un goberno alternativo, anunciaron que “agora estamos preparados para gobernar”. Explicaba Susana Couñago que “nun suposto no que os resultados electorais volvan deixar como forza máis votada ao PP, AER está disposto a propiciar un goberno alternativo”. Menos contundente era a candidata de Ciudadanos, Paqui Canal, quen malia asegurar que a súa formación “sae a gañar”engadía que “fomentaremos unha política de diálogo porque en Redondela fai falta un cambio de rumbo”. Javier Bas prefería fuxir de etiquetas que prexudican a súa formación e defendía que no ámbito local non existe a esquerda ou a dereita, o que ten que primar é a xestión” e engadía que “o meu pacto é cos veciños”.  

Digna Rivas PSOE
Defende un pacto de esquerdas
Enrique Fojo Unidas Podemos
Disposto a asinar un goberno de coalición progresista
Xoán Carlos González BNG
Apoiaría un goberno no que non estiveran nin Ciudadanos nin PP
Susana Couñago AER
Aseguran estar preparados para gobernar e dispostos a colaborar nun goberno alternativo ao PP
Paqui Canal Ciudadanos
Defende un cambio de rumbo en Redondela
Javier Bas PP
Os populares fuxen da etiqueta de esquerda ou dereita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará