Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER non descarta votar por si mesmos e deixar gobernar ao PP

RR_Noticias

Malia recoñecer que o PSOE aceptou “de palabra” todas as súas propostas, esixen ao partido socialista un maior compromiso. Explicaron na asemblea celebrada onte que o PP incluso lles chegou ofrecer á alcaldía pero que non está enriba da mesa negociar con Javier Bas. Con todo engaden que, malia que o seu obxectivo é favorecer un goberno alternativo ao actual, “no caso de non chegarse a acordos programáticos cos socialistas, poderían votarse a si mesmos na sesión de investidura do vindeiro sábado, o que deixaría o goberno novamente nas mans do PP”.

“Todas as opción están enriba da mesa” así o aseguraron os integrantes de AER na Asemblea celebrada no Multiúsos e na que convidaron aos asistentes, ao redor dun cento de persoas, a dar a súa opinión sobre cal sería a mellor opción de goberno para Redondela. Susana Couñago, cabeza de lista da Agrupación, explicaba que polo de agora non hai nada pechado e que do mesmo xeito que se están a desenvolver reunións co PSOE de cara a favorecer un goberno alternativo a Javier Bas “non descartamos votar por nos mesmos no caso de que as negociacións non fructifiquen”. Neste sentido, outro dos integrantes de AER, Cuni Orge, lamentaba a “falta de concreción do PSOE que, como partido que aspira a ser goberno, debería liderar as negociacións, algo que non están a facer”. Confirman que as súas propostas para dar a alcaldía a Digna Rivas “salvo matices, foron aceptadas de palabra polo PSOE” pero entenden que a día de hoxe todas as opcións están sobre a mesa “queremos un goberno alternativo pero non a calquera precio”. Descartan iso si apoiar ao PP “non é unha opción malia que nos ofreceron practicamente de todo, incluso Javier Bas amosou a súa disposición a negociar a alcaldía” explicaba Ricardo Figueroa. Un apoio que o PP non precisaría para manterse no concello, xa que ao ser a forza máis votada repetirían goberno no caso de que AER non apoie explicitamente a Digna Rivas no pleno de constitución da corporación que se celebra o vindeiro sábado día 15.  

Susana Couñago AER
Pon sobre a mesa as diferentes opcións que barallan
Cuni Orge AER
Critican a falta de concreción do PSOE
Pechar un acordo
Queren deixar todo decidido antes do sábado
Ricardo Figueroa AER
Negociacións co PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará