Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe radiofónica a Xavier Docampo co alumnado de Cedeira, Laredo e Outeiro das Penas

RR_Noticias

O alumnado destes tres centros educativos de Redondela decidiron homenaxear dun xeito moi especial ao escritor Xavier Docampo cando se cumpre un ano do seu pasamento. Fixérono poñéndolle voz aos seus textos. Unha homenaxe que tamén están a celebrar nas propias aulas con lecturas dramatizadas na maioría dos centros de ensino de Primaria e secundaria do concello.

Mestre, escritor, contacontos, guionista e promotor da lingua e a cultura galega Francisco Xabier Puente Docampo (Rábade, 5 de abril de 1946-A Coruña, 26 de xuño de 2018), é o protagonista dunha pequena homenaxe radiofónica a cargo do alumnado de tres colexios de Redondela. Dende o colexio de Cedeira elixiron fragmentos dalgúns dos textos máis significativos do autor: “Cando petan na porta pola noite”, “Os ollos de Ramón” e “Adelaida, Henrique e demais familia”. “Nube de neve” é obra á que lle poñen voz os nenos e nenas do colexio Outeiro das Penas, mentres que o conto “Adelaida é tremenda” podémolo escoitar na voz dos cativos do colexio Laredo.  

Colexio de Cedeira
"Cando petan na porta pola noite" "Os ollos de Ramón" e "Adelaida Henrique e demais familia"
Colexio Outeiro das Penas
"Nube de neve" é obra á que lle poñen voz os nenos e nenas do colexio Outeiro das Penas
Colexio Laredo
"Adelaida é tremenda" podémolo escoitar na voz dos cativos do colexio Laredo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará