Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela homenaxea a Méndez Ferrín na presentación de “Estirpe”

RR_Noticias

“Historia viva da literatura galega”, “un escritor que permanece no tempo”, “unha literatura esixente pero na que cada persoa se pode sentir identificada”. Estas foron algunhas das palabras que escoitou o escritor ourensán na homenaxe celebrada este xoves no Auditorio da Xunqueira onde os seus versos estiveron amenizados pola música da fadista María do Ceo.

Agradecido amosábase X.L. Méndez Ferrín pola homenaxe feita polo concello de Redondela e a reedición do seu poemario “Estirpe”, cando se cumpren vinte e cinco anos da súa publicación. Un exemplo do labor de normalización da lingua galega que, dixo, fai o servizo de normalización lingüística do municipio e no que foi pioneiro. Ferrín tivo palabras para a Illa de San Simón, para a súa historia, o movemento agrario redondelán, persoeiros como Casto Sampedro ou o exalcalde socialista Xaime Rei, compañeiro de bacharelato do escritor, e promotor deste servizo de normalización xunto ao seu primeiro responsable Xosé González Martínez. No traballo de difusión da nosa lingua e da cultura galega, facía fincapé o tenente de alcalde, Miguel Ángel Ballesteros, quen destacaba a importancia de Ferrín e do poemario “Estirpe” para “coñecer o que somos”. Unha obra que o autor define como “unha interpretación poética da historia de Galicia que fala de nós, dun nós colectivo, social e nacional”. Un acto que puxo de manifesto a relevancia de Méndez Ferrín nas letras galegas, unha figura fundamental para entender a nosa literatura, como destacaba o secretario de Política Lingüística, Valentín García. Un autor que cultivou todos os xéneros e que transcendeu a nosa Comunidade, en palabras do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que situaba ao autor como merecedor do Premio Nobel de Literatura. Tamén palabras de recoñecemento do presidente da Xerais, encargada da reedición de “Estirpe”, que facía fincapé no papel que tivo Ferrín na historia da editorial e que continúa a ter, xa que como lembraba Fran Alonso veñen de publicar o poemario “Con pólvora e magnolias”, a novela “Antón e os inocentes” e publicarán a obra de teatro “Celtas sen filtro” así como toda a súa obra poética completa . Un acto de homenaxe ao escritor no que se recitaron poemas do seu libro amenizados pola música da fadista María do Ceo e no que todos os asistentes foron agasallados cun exemplar de “Estirpe”.

X.L. Méndez Ferrín escritor
Fala do libro Estirpe
Valentín García Secretario Política Lingüística
Salienta a relevancia do autor e a súa obra
MIguel Santalices Presidente Parlamento
merecedor do Premio Nobel
Fran Alonso Edicións Xerais
Unha intensa obra editada por Xerais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará