Nesta fin de semana foron recollidos máis de 23.000 kilos nos supermercados de Vegalsa Eroski de Vigo, Moaña, Porriño, Baiona e Redondela nos que se celebrou esta iniciativa. Por localidades, en Vigo recibíronse 18.000 quilos de comida; en Redondela, 2.000; en Moaña, 1.500; en Baiona, 1.500 quilos e no Porriño outros 600 quilos máis. Unha iniciativa que foi posible no noso concellos grazas á colaboración de 40 voluntarios.
Cos produtos básicos recadados este venres e sábado, a ONG poderá facer fronte á repartición de alimentos de verán, xa que en xullo, como vén sendo habitual nos últimos anos, entrégase ás entidades receptoras o dobre de comida para cubrir as necesidades de agosto
O Zampakilos Solidario cumpriu o seu terceiro ano e desenvolveuse de maneira simultánea durante o venres e o sábado en numerosos supermercados do grupo empresarial en Galicia, Asturias e Castela e León. Tamén houbo recollida de alimentos en Pontevedra e Marín onde se recadaron uns 4.300 quilos de alimentos Así mesmo, a cadea empresarial comprometeuse a doar unha achega adicional do 4 por cento en produtos e, ademais da entrega de alimentos directamente nas tendas, os clientes tiveron a posibilidade por primeira vez de facer doazóns económicas a través das caixas dos establecementos, creándose unha liña de crédito para cada Banco de Alimentos que poderemos trocar ao longo do ano en función das nosas necesidades.