A Concellería de xuventude organiza diferentes obradoiros baixo o título xenérico de “Moceando” nos que se busca que mozos e mozas teñan un espazo no que falar de sexualidade abertamente. Unha proposta para “aprender a xestionar as nosas relacións, para atopar respostas seguras, obxectivas e profesionais”. Impartiranse os días 2, 9 e 16 de xullo e o prazo de inscrición está aberto ata o 26 de xuño de balde a través da web do concello.
O primeiro dos obradoiros será o martes 2 de xullo “pracer seguro, seguro pracer! No que se achegará información sobre sexualidade para resolver dúbidas e así poder tomar decisións acertadas sen complexos nin medos. Está destinado a mozos e mozas de 14 a 16 anos de idade.
Tamén para o mesmo intervalo de idade está orientado o taller “Diversidade afectivo sexual” no que se falará dun xeito ameno do tema de identidade, da diversión e da orientación do desexo. O martes 9 en horario de 11:30 a 13:30 horas.
Pecha o ciclo o obradoiro “Aplícate na seducción” o martes 16 no mesmo horario. Orientado neste caso a mozos e mozas de 17 a 20 anos falarase de cómo ligar no entorno virtual, de cales son as normas de encontro nestes espazos na rede, da imaxe que queremos dar.
Unha proposta diferente a cargo da OMIX de Soutomaior cuxo prazo de inscrición está xa aberto a través da páxina web do concello ata o vindeiro 26 de xuño.