A Escola de Música de Chapela celebra este mércores 19 ás 19:30 horas o seu festival fin de curso dunha forma orixinal, coa presentación dun Teatro Musical baseado no conto de Peer Gynt, no que se combina o teatro coa música e a participación da totalidade do alumnado da escola.A cita no auditorio do Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela con entrada libre ata completar o aforo.
Un proxecto posto en marcha hai meses para conseguir un festival de fin de curso diferente, innovador e participativo e no que foi posible conseguir que os alumnos máis noveis sexan un chanzo importante na realización deste teatro musical.
Ademias de conseguir a motivación dos novos músicos cuns resultados de mellora na súa aprendizaxe durante os meses de ensaio se realiza un traballo de participación en grupo no que o alumnado participa na parte tanto musical como teatral.